Archive for the '– REPORTAJES' Category

PEARL JAM ‘PAST, PRESENT & FUTURE’, online.

septiembre 4, 2009

‘Past, Present and Future’ é un reportaxe emitido en 1992 nun programa de televisión (non teño nin idea do nome) sobre o boom da banda de Seattle Pearl Jam e onde atopamos entrevistas ós membros do grupo así como clips en directo.

TRÁILER DE ‘EDGEPLAY’ O DOCUMENTAL SOBRE THE RUNAWAYS.

agosto 22, 2009

‘Edgeplay: A Film About The Runaways’ é un documental escrito e dirixido por Victory Tischler-Blue en 2004 sobre The Runaways, a primeira banda de rock formada totalmente por mulleres e pioneiras do movimento riot grrl.

O documental non o atopei por ningures e o único que se pode ver é este tráiler que alguén subeu a YouTube hai unhas semanas.

SONIC YOUTH ‘MURRAY STREET EPK’, online.

agosto 10, 2009

Pois aquí temos un breve reportaxe promocional (EPK) do disco Murray Street de Sonic Youth publicado en 2002.

‘ROCK AND ROLL HALL OF FAME INDUCTION: NEIL YOUNG’.

agosto 5, 2009

Reportaxe sobre a gala de introducción a Neil Young no ilustre Rock And Roll Hall Of Fame de Colorado o 15 de xaneiro de 1995. 

Despois da presentación de Eddie Vedder e dun emotivo discurso de agradecemento de Neil podemos ver unha actuación coa súa banda Crazy Horse acompañados dos membros de Pearl Jam na que interpretan ‘Fuckin Up’.

BLUES EXPLOSION ‘GREETINGS FROM MARS ARIZONA’, online.

agosto 4, 2009

‘Greetings From Mars Arizona’ é un reportaxe sobre a gravación do disco Damage de Jon Spencer Blues Explosion en 2003 e incluído posteriormente nun DVD para a edición europea do álbum. Damage conta con invitados de luxo como DJ Shadow e Dan ‘The Automator’.

‘ON TOUR WITH: MONSTER MAGNET & QOTSA’, online.

julio 14, 2009

‘On Tour With: Monster Magnet & Queens Of The Stone Age’ é un reportaxe sobre o tour que realizaron as dúas bandas en Alemania no ano 2001 e que foi incluído nun CD-Rom que regalaba a revista Visions.

SONIC YOUTH ‘MTV SPECIAL’, online.

junio 29, 2009

Reportaxe sobre Sonic Youth, emitido hai uns poucos días pola MTV brasileira, onde se repasa a historia e acontecementos máis significativos da banda neoiorquina.

REPORTAXE DA TV AUSTRALIANA SOBRE CRUCIFIED BARBARA.

junio 24, 2009

Aquí tedes un reportaxe emitido pola televisión australiana sobre as rockeiras suecas Crucified Barbara durante a xira que ofreceron alí no 2006. Inclúe unha entrevista á banda e algunha toma en directo.

‘THE KINKS AT THE RAINBOW’, online.

junio 9, 2009

‘The Kinks At The Rainbow’ é un especial para unha serie de programas para a televisión británica chamados In Concert. Aquí podemos ver actuacións de The Kinks en directo no Rainbow Thatre de Londres en 1972 mezclado con entrevistas á banda e máis cousas raras.

‘trashville’, reportaxe sobre a música de nashville online.

junio 5, 2009

‘Trashville’ é un documental do canle SVT sobre a música e as raíces de Nashville contada a través de músicos da cidade, así podemos ver entrevistas e actuacións de Hank Williams III, Joe Buck ou Creech Holler mentres nos amosan os lugares máis especiais da cidade e a importancia desta na historia da música.

-VERSIÓN ORIXINAL-