RECORDANDO A…THE MUSIC MACHINE.

septiembre 1, 2009

The Music Machine foi unha banda de garage e psicodelia formada en Los Angeles por Sean Bonniwell coñecidos polo forte sonido fuzz das guitarras e do órgano nos seus temas.

En 1965 Bonniwell (voz e guitarra) acompañado de Ron Edgan (batería) e Keith Olsen (baixo) formaban unha banda chamada The Ragamuffins, nome que cambiaron un ano máis tarde a The Music Machine aos que se lle unirían Mark Landon (guitarra) e Dough Rhoden (órgano). Ese mesmo ano, 1966, lanzaban o seu primeiro single ‘Talk Talk’ que foi todo un éxito e chegou a estar no Top 20 das listas americanas. Pouco despois editaban seu segundo single ‘The People In Me’ e o seu primeiro larga duración (Turn On) The Music Machine.

En 1967, tras a xira promocional do disco, todos os seus membros abandoaron a banda debido a discursións internas deixando a Binniwell como único membro. Éste csambiou o nome da banda a The Bonniwell Music Machine e lanzou un álbum autotitulado para Warnes Bros. O ábum, con temas gravados cos seus ex-compañeiros, non tivo apenas éxito aínda que contiña temas máis orientado ó pop.

Despois de iso Boniwell gravou un terceiro álbum pero non foi ata o ano 2000 que o selo Sundazed Records edítao baixo o nome de Ignition, álbum que misturaba temas desa última gravación xunto con demos da súa etapa como The Raggamuffins.

Na década dos 80 Sean Bonniwell formou un grupo cristiano chamado Heaven Sent e en 2000 escribiría unha autobiografía da súa vida e da banda. Mentres Keith Olsen convirteuse en productor de grupos de éxito coma Fleetwood Mac ou Grateful Dead.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: