RECORDANDO A…THE DICKIES.

julio 23, 2009

The Dickies son uns dos primeiros grupos de punk surxido en Los Angeles en 1977, a primeira banda do punk californiano en aprecer na televisión e en firmar por unha grande discográfica.

Cun estilo humorístico moi influenciado polos Ramones, os cales telonearon varias veces, a banda fíxose popular no Reino Unido, onde seu single ‘Banana Splits (Tra La La Song)’ foi un éxito en 1979, ano no que debutarían con dous discos: The Incredible Shrinking Dickies e Dawn Of The Sickness.

Tamén eras coñecidas as súas versións punkarras de clásicos do rock como ‘Paranoid’ de Black Sabbath, ‘Communication Breakdown’ de Led Zeppelin ou ‘Nights In White Satin’ de Moody Blues.

O seu guitarrista/teclista/saxofonista Chuck Wagon suicidouse en 1981 despois de que rompera a relación coa súa moza. Isto e o problemas coas drogas de algúns membros fixeron que sua carreira se ralentizara nos 80. Aínda así puideron editar tres discos máis, Stukas Over Disneyland en1983, We Aren’t The World en 1986 e Second Coming en 1989, e conseguiron compoñer a música da película de terror de serie B Killer Klowns From Outer Space de 1988.

En 1983 tamén veu a luz o primeiro recopilatorio do grupo Great Dictations o que seguiría Locked ‘N Loaded: Live In London en 1991.

En 1994 aparece seu quinto álbum Idjit Savant. Jonathan Melvoin, quen tocou á batería neste álbum falecería dous anos despois en New York a causa dunha sobredosis cando xiraba como teclista de The Smashing Pumpkins. Nos seguintes anos sacaronse dous recopilatorios máis da banda para volver en 2001 cun novo, e útimo disco ata esta data, All This And Puppet Stew.

Por último recordar que The Dickies estarán tocando na sala Estraperlo de Barcelona o día 1 de agosto.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: