Documental sobre o proceso de gravación do disco Scandinavian Leather de Turbonegro, pouco despois da reunión da banda no ResErection Tour de 2002, cinco anos despois da sua última actuación. Despois dese parón indefinido, e tra-la publicación deste álbum, a historia da banda volvería a normalidade ofrecendo grandes discos e inolvidables actuacións.
Never is forever e Turbonegro menos asique disfrutémolos mentras poidamos.
Pois hoxe apetéceme recordar vellos tempos, e qué mellor que lembrar o Festimad 2005. Era meu terceiro Festimad consecutivo e tamén foi o último…
Ese festival cunha organización pésima en tódolos sentidos, o emplazamento máis inhumano para disfrutar da música ó aire libre (¿Fuenlabrada? Venganomejodas), nin fontes de auga, nin lavabos, nin vexetación, o sol queimándonos a pel, o vento levándonos arresto…e tantas cousas (malas) que se falaron de aqueles dous días no inferno. Pero houbo unha cousa boa, a máis importante, os concertos. Disfrutei coma un enano de grandes concertos como The Dillinger Escape Plan, Hermano, Turbonegro, Clutch, Slayer, The Hives, os 20 minutos de Fu Manchu antes de que se fora todo ógarete ou ese amencer espectacular con The Prodigy pechando aqueles dous días de caos, locura e destrucción.