‘Barbara Ann’ é unha canción composta por Fred Frasser e editada como single polo grupo The Regents en 1961. A canción foi un éxito na época e estivo nos postos altos das listas americanas.
Só catro anos despois, en decembro de 1965, The Beach Boys lanzaron a súa propia versión, a cal superou a orixinal e convertiuse en todo un éxito en EEUU e UK. Está incluída no álbum Beach Boys’ Party!.
E un ano despois, en 1966, The Who incluírona na cara b so seu EP Ready Steady Who nunha peculiar versión cantada por Keith Moon (gran admirador dos Beach Boys). No filme documental The Kids Are Alright inclúese a famosa toma da versión gravada nos Shepperton Studios en 1977.
VS.
VS.