
Concerto dos reunificados (polo momento) The Jesus Lizard hai menos de un mes, o pasado 14 de xullo, no Exit/In de Nashville.
desequilibrio musical

Concerto dos reunificados (polo momento) The Jesus Lizard hai menos de un mes, o pasado 14 de xullo, no Exit/In de Nashville.
Bós días, despois de un fin de semana maratoniano xa estou en condicións de facer un resumo do que vin no PS.

O meu festival comezou o xoves ás 18.15 con Women no escenario Pitchfork, vin cinco temas, o suficiente para aformar: mucho ruido y pocas nueces. Non me gustaron. De ahí ata o escenario Ray-Ban Vice para ver dous temas de The Bats, soaban ben pero tiña outros deberes que cumplir.
Despois de iso pasámonos a ver que tal soaba Spectrum, o grupo de Pete Kember (ex-Spaceman 3). 20 minutos de riffs de guitarra repetitivos e interminables. Adeu.

Aquí chegaba a primeira dura decisión The Vaselines, Lightning Bolt e The Tallest Man On Earth á mesma hora. Perdeu o noruego a aposta e imos o escenario Rockdelux onde ían comezar a banda escocesa adorada por Kurt Cobain.

Na primeira media hora The Vaselines xa tocaran ‘Son of a gun’, ‘Jesus doesn’t want me for a sunbeam’ e ’Molly’s Lips’, asique aproveitamos para escapar ata o ATP donde Lightning Bolt estábana liando gorda. Primeiras grandes sensacións véndoos. Pogo nas primeiras final e un gran sonido e, sobre todo, esa locura de batería dominando todo. Premio para él.

Ó rematar o concerto descanso obligatorio para cear algo e coller forzas para o concerto máis esperado do día para min, The Jesus Lizard, e vaia se o foi, o concerto que máis disfrutei de todo o festival. Dende o primeiro tema saíron a comernos a todos e, se en algo diferencian do resto de bandas é por un home, David Yow. Qué bestia escénica, qué clase. No segundo tema xa estaba levitando sobre o público, aos de seguridad volveunos tolos durante todo o concerto. Steve Albini ríase dende o lateral do escenario. Unha hora de concerto e adeus. Iso foi unha reunión de verdade, moi grandes.Despois do gran concerto a metade do abono xa estaba ben invertido.
Había que facer tempo e sentámonos nas gradas a ver a Phoenix. Son un grupo de mierda e o primeiro tema xa estaba camiño do céspede do ED esperando a My Bloody Valentine. Ás 00.20 comezaron os Portishead desta edición, so que claro, nin teñen temas para competir con os de Bristol nen a actitude de estes, asique non tiña moitasa esperanzas de ver algo grande. Trabuqueime. foron moi grandes nos primeiros 40 minutos, o tempo xusto que pode aguantar un oído medio humano o volume ó que tocan estos colgados. Comezaron moi ben e gustándome moito para acabar pedindo á hora, como no fútbol. Despois de ‘Feed me with your kiss’ e, como non, ‘You made me realise’ destrozáronos os tímpanos con 15 minutos de ruido apocalíptico e infernal que ben se podían aforrar xa que resultou insoportable.
O meu día rematou con Aphex Twin no Rockdelux atacando súa faceta máis minimal, cousa que se agradeceu despois do vivido anteriormente. Cando comezou a meterlle máis caña á mesa foi tempo de ir a descansar.
Aínda nos quedaban dous duros días máis por diante…
Texto, fotos e vídeos por dominoes.
Xa pasou un ano, parece mentira, e o Primavera Sound abre suas portas dentro dunhas poucas horas para ofrecernos 3 días de sobredosis musical. Demasiado tempo pasarei no Fòrum esta fin de semana asique antes hai que ter claro o que un vai a ver (e o que un se vai a parder, está claro).
Aquí poño os horarios de hoxe e uns videos das bandas que recomendo ver. Principalmente o que máis me gusta de hoxe, sen dúbida son The Jesus Lizard e My Bloody Valentine aínda que espero pasarme por Cuzo, The Bats, Lightning Bolt ou The Vaselines, e esa locura final no escenario Rockdelux que son Aphex Twin e Squarepusher. Pero tamén jódeme perderme a bandas como Dead Meadow ou o sueco The Tallest Man On Earth pero xa se sabe que un non pode ter todo.
Sen máis, saúdos e disfruten do espectáculo.
DIJOUS / JUEVES / THURSDAY 28
ESTRELLA DAMM
19:30 Spectrum
21:45 Yo La Tengo
00:20 My Bloody Valentine
ROCKDELUX
18:30 La Bien Querida
20:35 The Vaselines
23:20 Phoenix
01:35 Aphex Twin
03:50 Squarepusher
ATP
19:00 Magik Markers
20:45 Lightning Bolt
22:30 The Jesus Lizard
00:15 Dead Meadow
01:45 Wooden Shjips
02:45 Dr. Kiko
PITCHFORK
17:00 Veracruz
18:15 Women
19:30 Girls
20:45 The Tallest Man On Earth
22:00 Bowerbirds
23:30 The Bug
01:00 Ponytail
02:15 Wavves
RAY-BAN VICE
18:00 Cuzo
19:15 The Bats
20:30 Marnie Stern
21:45 Joe Crepúsculo y Los Destructores
23:00 Andrew Bird
00:30 Jay Reatard
01:45 The Horrors
03:00 Ebony Bones
04:00 Meneo