Programa especial emitido pola ETB sobre a última edición do Azkena Rock Festival celebrado en Vitoria-Gasteiz os días 28, 29 e 30 de xuño de 2010. Neste reportaxe de máis de 2 horas de duración poderás ver as actuacións de case todas as bandas que participaron no festival (exceptuando as de Slash, Bob Dylan e Chris Isaak entre outros), entrevistas ós grupos e demais material festivaleiro.
Reportaxe emitido no programa Rockumentary da MTV sobre a banda The Smashing Pumpkins na época na que presentaban o seu aclamado doble disco Mellon Collie And The Infinite Sadness en 1995 e onde podemos ver entrevistas e actuacións exclusivas.
Reportaxe emitido en 1984 no programa Rock Arena da televisión australiana sobre a banda Violent Femmes onde os podemos ver percorrendo as rúas de New York. tocando algúns dos seus temas para os transeúntes e curiosos, e entrevistas á banda.
Reportaxe do canle ZTV da televisión sueca sobre unha das mellores bandas surxidas naquel país: The Soundtrack Of Our Lives.
Aquí poderemos ver diferente material da banda como videoclips, entrevistas, imaxes en directo e no backstage. Non ides entender nada pero é o que hai.
Aquí temos un breve reportaxe sobre a inclasificable e influínte banda americana Swans emitido pola televisión checa en 1997. Inclúe unha entrevista ao seu líder Michael Gira así como material en vivo.
Reportaxe emitido pola MTV sobre a tormentosa xira conxunta que realizaron Hole e Marilyn Manson en 1999 (cando as suas carreiras estaban no pico máis alto de popularidade: Courtney Love e compañía triunfaban co seu Celebrity Skin e Manson estreaba o polémico Mechanical Animals) que resultou ser un fracaso e na que as dúas bandas romperon as relacións supostamente porque Manson quería repartir os gastos de producción pero quería unha maior parte de beneficios xa que, segundo él, os asistentes iban a ver ó seu grupo.
Aquí podedes ver un resumo da xira en cuestión: directos, entrevistas e imaxes de backstage.
Reportaxe emitido na sección Snub TV do programa de cultura alternativo Night Flight da televiión americana sobre a primeira xira inglesa da banda de Washington DC Fugazi en 1988. Inclúe entrevitas a Ian MacKaye e Guy Picciotto e a interpretación en directo do tema ‘Suggestion’.
‘Shine On’ é o título deste reportaxe biográfico sobre a banda Pink Floyd emitido no programa Rockumentary da MTV en 1989, onde se fai un repaso sua carreira dende os comezoss con Syd Barrett ata a última etapa xa sen Roger Waters, coma sempre con entrevistas e material en directo.
Aquí temos un breve reportaxe do programa Rockumentary da MTV sobre a banda StoneTemple Pilots onde podemos ver actuacións e entrevistas inéditas da época do seu terceiro disco Tiny Music… de 1996.
‘Personal Look At BRMC’ é un mini-documental sobre a banda americana Black Rebel Motorcycle Club na que podemos ver imaxes, actuacións e entrevistas inéditas de cando sacaron o seu aclamado disco debut BRMC no ano 2000.