Concerto de PJ Harvey acompañada por John Parish á guitarra no Bizarre Festival de Colonia, Alemania. Gravado o 21 de agosto de 1998 durante a xira de presentación do seu disco Is ThisDesire.
Songs:I Think I’m a Mother, Joy, Joe, Civil War Correspondent, Taut, Electric Light, A Perfect Day Elise, Missed, Dress, Snake
Nulle Part Ailleurs (akaNPA) foi un programa de entrevistas do Canal + francés que estivo en antena dende setembro de 1987 ata xuño de 2001 polo cal pasaron as maiores estrelas do cine, da música, da televisión ou da literatura entre outros. Pero ímonos centrar na parte musical porque realmente impresiona a cantidade de grupos e artistas de primeira liña que actuaron no programa: dende clásicos como Jimi Page e Robert Plant, David Bowie, Iggy Pop ou AC/DC pasando polos grupos punteiros dos 90 como Nirvana, Radiohead, Sepultura ata bandas que estaban totalmente fóra do mainstream como The Jesus Lizard ou Helmet.
Ésta é a primeira parte das deceas de vídeos existentes do programa. Irei recopilándoas porque paréceme moi interesante todo o elenco de artistas que actuaron nese plató.
Aquí en España tíñamos ó programa Lo + Plus (basado na idea do NPA) presentado por Máximo Pradera e Fernando Schwartz, un dos mellores programas da súa época e con invitados de nivel. A única pega que tiña eran as actuacións musicais: mentres en Francia levaban a Jeff Buckley aquí actuaba Rosario Flores.
Spain is different. Disfruten.
1. Jimmy Page & Robert Plant – ‘Rock’n'Roll’
2. David Bowie – ‘Scary Monsters’
3. Radiohead – ‘Karma Police’
4. Nick Cave & The Bad Seeds feat. Kylie Minogue – ‘Where The Wild Roses Grow’
5. The Jesus Lizard – ‘Thumper’
6. L7 – ‘Drama’
7. Portishead – ‘Glory Box’
8. Sonic Youth – ‘Sunday’
9. The Smashing Pumpkins – ‘Bullet With Butterfly Wings’
Sesión de PJ Harvey e John Parish para o programa Morning Becomes Eclectic da emisora americana KRCW. Gravada en Austin, Texas, o 20 de marzo de 2009 e onde presentan o seu segundo LP conxunto A Woman A Man Walked By.
Éste si que é un dueto de verdade. Dúas divas da música alternativa, que por aquela época aínda non deran o gran salto, PJ Harveye Björkxuntas na gala dos Brit Awards do ano 1994 para versionar, nin máis nin menos, o ‘Satisfaction’ dos Stones.