Archive for the 'my bloody valentine' Category

ps’09: crónica do xoves 28

junio 1, 2009

 

Bós días, despois de un fin de semana maratoniano xa estou en condicións de facer un resumo do que vin no PS.

DDD2336 022

O meu festival comezou o xoves ás 18.15 con Women no escenario Pitchfork, vin cinco temas, o suficiente para aformar: mucho ruido y pocas nueces. Non me gustaron. De ahí ata o escenario Ray-Ban Vice para ver dous temas de The Bats, soaban ben pero tiña outros deberes que cumplir.

Despois de iso pasámonos a ver que tal soaba Spectrum, o grupo de Pete Kember (ex-Spaceman 3). 20 minutos de riffs de guitarra repetitivos e interminables. Adeu.

DDD2336 033

Aquí chegaba a primeira dura decisión The Vaselines, Lightning Bolt e The Tallest Man On Earth á mesma hora. Perdeu o noruego a aposta e imos o escenario Rockdelux onde ían comezar a banda escocesa adorada por Kurt Cobain.

DDD2336 041

Na primeira media hora The Vaselines xa tocaran ‘Son of a gun’, ‘Jesus doesn’t want me for a sunbeam’ e ‘Molly’s Lips’, asique aproveitamos para escapar ata o ATP donde Lightning Bolt estábana liando gorda. Primeiras grandes sensacións véndoos. Pogo nas primeiras final e un gran sonido e, sobre todo, esa locura de batería dominando todo. Premio para él.

DDD2336 067

Ó rematar o concerto descanso obligatorio para cear algo e coller forzas para o concerto máis esperado do día para min, The Jesus Lizard, e vaia se o foi, o concerto que máis disfrutei de todo o festival. Dende o primeiro tema saíron a comernos a todos e, se en algo diferencian do resto de bandas é por un home, David Yow. Qué bestia escénica, qué clase. No segundo tema xa estaba levitando sobre o público, aos de seguridad volveunos tolos durante todo o concerto. Steve Albini ríase dende o lateral do escenario. Unha hora de concerto e adeus. Iso foi unha reunión de verdade, moi grandes.Despois do gran concerto a metade do abono xa estaba ben invertido.

Había que facer tempo e sentámonos nas gradas a ver a Phoenix. Son un grupo de mierda e o primeiro tema xa estaba camiño do céspede do ED esperando a My Bloody Valentine. Ás 00.20 comezaron os Portishead desta edición, so que claro, nin teñen temas para competir con os de Bristol nen a actitude de estes, asique non tiña moitasa esperanzas de ver algo grande. Trabuqueime. foron moi grandes nos primeiros 40 minutos, o tempo xusto que pode aguantar un oído medio humano o volume ó que tocan estos colgados. Comezaron moi ben e gustándome moito para acabar pedindo á hora, como no fútbol. Despois de ‘Feed me with your kiss’ e, como non, ‘You made me realise’ destrozáronos os tímpanos con 15 minutos de ruido apocalíptico e infernal que ben se podían aforrar xa que resultou insoportable.

O meu día rematou con Aphex Twin no Rockdelux atacando súa faceta máis minimal, cousa que se agradeceu despois do vivido anteriormente. Cando comezou a meterlle máis caña á mesa foi tempo de ir a descansar.

Aínda nos quedaban dous duros días máis por diante…

 

Texto, fotos e vídeos por dominoes.

hoxe comeza o primavera sound 2009!

May 28, 2009
 

 

 

Xa pasou un ano, parece mentira, e o Primavera Sound abre suas portas dentro dunhas poucas horas para ofrecernos 3 días de sobredosis musical. Demasiado tempo pasarei no Fòrum esta fin de semana asique antes hai que ter claro o que un vai a ver (e o que un se vai a parder, está claro).

Aquí poño os horarios de hoxe e uns videos das bandas que recomendo ver. Principalmente o que máis me gusta de hoxe, sen dúbida son The Jesus Lizard e My Bloody Valentine aínda que espero pasarme por Cuzo, The Bats, Lightning Bolt ou The Vaselines, e esa locura final no escenario Rockdelux que son Aphex Twin e Squarepusher. Pero tamén jódeme perderme a bandas como Dead Meadow ou o sueco The Tallest Man On Earth pero xa se sabe que un non pode ter todo.

Sen máis, saúdos e disfruten do espectáculo.

DIJOUS / JUEVES / THURSDAY 28

 

 

 

ESTRELLA DAMM

 

 

 

19:30 Spectrum

21:45 Yo La Tengo

00:20 My Bloody Valentine

 

 

 

ROCKDELUX

 

 

 

18:30 La Bien Querida

20:35 The Vaselines

23:20 Phoenix

01:35 Aphex Twin

03:50 Squarepusher

 

 

 

ATP

 

 

 

19:00 Magik Markers

20:45 Lightning Bolt

22:30 The Jesus Lizard

00:15 Dead Meadow

01:45 Wooden Shjips

02:45 Dr. Kiko

 

 

 

PITCHFORK

 

 

 

17:00 Veracruz

18:15 Women

19:30 Girls

20:45 The Tallest Man On Earth

22:00 Bowerbirds

23:30 The Bug

01:00 Ponytail

02:15 Wavves

 

 

 

RAY-BAN VICE

 

 

 

18:00 Cuzo

19:15 The Bats

20:30 Marnie Stern

21:45 Joe Crepúsculo y Los Destructores

23:00 Andrew Bird

00:30 Jay Reatard

01:45 The Horrors

03:00 Ebony Bones

04:00 Meneo